jueves, 19 de febrero de 2015

O noso paso polo planeta


Este video de animación reproduce de maneira moi visual e impactante o camiñar do ser human pola Terra. Dende o principio ata o final  do video, podemos ver a outra cara da evolucion humana, aquela que amosa a parte máis egoista, ambiciosa e dañina da especie. Pareceme un video moi interesante porque nuns poucos minutos consegue resumir moitas das accións que perxudican a outros seres vivos e incluso a nos mesmos/as, e faino acompañado dunha música, uns planos e uns ritmos que fan sentir a gran velocidade á que realmente isto sucede. Ademais, as imxes utilizadas, ao tempo que impresionan a calquera que as vexa, resultan tan familiares que fan reflexionar sobre a propia realidade que nos rodea niste aspecto, xa que levan a sentir o que se ve como algo que coñecemos, algo veraz. Ao final do video tamén ten un toque moi metafórico e divertido, por isto o considero un recurso de moita utilidade en calquera programa ou taller de educación medioambiental.

Raquel

No hay comentarios:

Publicar un comentario