viernes, 20 de febrero de 2015

Comentario do video Man


Este video levanos a facer un percorrido pola evolución do ser humano dunha maneira satírica e a súa vez moi real. 
Pareceme que aínda que o video sexa humorístico recrea a perfección o camiño inexorable que o ser humano leva hacía a total destrución do planeta terra e coa conseguinte desaparición da especie humana e as especies tanto animais como vexetais que, tamén,habítan o noso redor. 
Por momentos as imaxes do video chegan a ser un tanto impactantes pero cando un se para a reflexionar sobre a problemática que nos presenta, un dase conta que isto non é nada comparado coa realidade e que temos que darnos conta dunha vez por todas e comezar a cambiar os nosos hábitos e moitas das nosas prácticas abusivas e voraces porque como sigamos por este camiño cando queiramos darnos conta vai ser demasiado tarde e non vai ter volta atras. 

Denís

No hay comentarios:

Publicar un comentario