jueves, 26 de febrero de 2015

Comentario "La ruta del ébola empieza en nuestros coches"

Para comezar, gostaría de dicir que coma sempre e sexa o que sexa cando hai un problema no mundo (chamemoslle guerra, epidemia, fame ou un longo etc) sempre aparece o mesmo causante: o capital, e como non as súas armas de destrución masiva: as multinacionais, que a través dos malditos intereses económicos fan e desfán o que se lles poña por diante.
Unha vez máis, como non, voltan aparecer os grandes capitalistas corrompidos polos intereses económicos para destruir países enteiro a base de sumir na máis absoluta pobreza a millóns de persoas de diferentes países de África, continente arruinado grazas a inestimable presenza do capital e coa colaboración das dictauras titere que o capital pon onde lle interesa. 
A realidade que esté artículo nos mostra non é máis que outro de tantos exemplos do que veño dicindo ata o momento, de como por producir máis gasolina e así gañar máis cartos, as multinacionais en irmandade cos gobernos europeos destruen os cultivos tradicionais da poboación abocandoa a máis absoluta pobreza. Todo isto para crear grandes áreas de monocultivo de palma aceiteira, sin importar que estas grandes extensións de monocultivo poidan afectar negativamente a poboación e o territorio. 
Para finalizar solo quero facer unha pequena reflexión e é que como non eliminemos este sistema capitalista depredador das nosas vidas e comezemos a mirar máis polo noso planeta e pola xente que vive o noso redor en menos do que nos imaxinamos este proceso esquilmador non terá volta atras.

Denís

No hay comentarios:

Publicar un comentario