martes, 21 de abril de 2015

Desastre Ecológico: Prestige

Marea blanca - Documental de Isabel Coixet 



No ano 2002, o petrolero Prestige afundiuse frente as costas galegas cubrindo dunha marea negra centos de praias, deixando así un olor tremendo e unha grande desolación. Fronte a esta tristeza podemos destacar un feito positivo que foi o importante movemento social que houbo grazas a voluntarios e voluntarias de todo o mundo. Máis de 200.000 persoas demostraron que é posible a concienciación ambiental e amar o planeta onde vivimos. Estas persoas ainda que non se viran afectadas directamente, xa que eran de zonas moi afastadas de Galicia sentíanse co deber de acudir de forma gratuita e axudar no que fora posible. Ademais, estas persoas traballaban con ganas e ilusión, ainda que se atoparan con momentos agotadores, nos cales marchaban ao final do día ca satisfación de facer un bo traballo e se atopaban o día seguinte con escenas de guerra. Polo tanto, con feitos así podemos afirmar que é posible concienciar e sensibilizar a poboación no coidado do noso planeta e que é digno de admirar a esas persoas que foron capaces de abandonalo todo sen mirar atrás para colaborar con esta tarefa.

Carla Lohayne 

lunes, 13 de abril de 2015

VÍDEO DE JOSE LUIS SAMPEDRO



Jose Luis Sampedro, un experto economista, comenta no presente vídeo a triste realidade que estamos a vivir neste sistema capitalista, onde existe unha sobreexplotación dos recursos naturais e unha falta de conciencia crítica e de interese para mellorar esta situación. Dende moito antes a economía estivo baseada neste modelo, e a pesar das reformulacións que houbo é claro o fracaso derivado deste.  Estamos ante un sistema esgotado, a terra non da xerado o que destruímos,  polo tanto falamos dun sistema insostible. Onde os suxeitos, que somos nós e os nosos lideres, deberiamos facer algo para frear esta autodestrución, pero non o facemos. Estou moi de acordo coa expresión do entrevistado cando di que “os que poden influír, non queren e os que queren, non poden”, exemplo disto son as persoas ricas e poderosas, ás cales lles faltan consciencia polas súas comodidades e polos seus problemas e non son capaces de ter unha visión do seu futuro e do futuro das futuras xeracións. Outra idea a destacar e que este modelo consumista, en vez de satisfacer as necesidades que temos, o que fai é crear uns produtos e logo se inventan estas necesidades, algo do que a maioría de nós non somos conscientes.

A modo conclusión dicir, que como comenta Sampedro, esperamos que este sistema chegue ao seu fin antes de que sexan maiores os danos ocasionados. Para isto, é necesario concienciar máis a poboación sobre as súas consecuencias, e dos beneficios que traería para todos/as coidar o noso fogar onde vivimos. 


                                                                                                                     Carla Lohayne

jueves, 2 de abril de 2015

Película: LA PESADILLA DE DARWIN





Neste documental sobre a industria pesqueira no lago Victoria, en Tanzania, atopámonos  claramente ca realidade incoherente e ambiciosa na que vivimos. Concretamente, conta a historia da perca do Nilo, unha especie de pez que foi introducido polo ser humán no lago, causando a morte de outras especies, ademais doutras consecuencias que apareceron en cadea. Os efectos da introdución desta especie no lago son tratados no documental por varias persoas da zona e por diferentes profesionais, abrindo a reflexión do que está a pasar na Terra por mor dos intereses caprichosos duns cantos, que non teñen en conta as consecuencias sociais e ambientais dos actos, intentando controlar o que non podemos. Pero non é un caso aislado o que se conta nesta película, xa que só temos que mirar ao noso redor para ver como as persoas viven na miseria, traballan na precariedade e vulnéranse continuamente os seus (os nosos) dereitos só porque certas mans poderosas o desexen. As nosas vidas e a vida de tódolos seres vivos son un xoguete co que se pode xogar sen respeto ata rompelo, pouco a pouco. Así é o neoliberalismo, e así nos vai.

Raquel