viernes, 30 de enero de 2015

Medidas para combatir o quecemento global




Nesta viñeta pódese observar unha caricatura do tipo de actuacións que se levan a cabo por parte das institucións públicas encargadas de velar pola boa conservación do medio ambiente. Estas “medidas” son tan absurdas como o é darlles aos osos uns refrescos e unhas gafas para o sol por mor do cambio climático, xa que, de igual maneira, soen ir dirixidas a solucionar os problemas causados, e non a previlos. Reflexa con gracia unha triste realidade que, de non ser así, podería cambiar moito a situación actual de devastación, cada vez máis veloz, de todo aquelo que non foi inventado polo ser humano. A ilustración non parece ao final tan irónica, comparándoa co feito de destruír o mundo para despois intentar arranxalo. 

Raquel