viernes, 27 de febrero de 2015

Comentario: "La ruta del ébola empieza en nuestros coches"



Como podemos observar na noticia, unha vez máis as persoas actúan en contra da súa propia supervivencia coa finalidade de obter beneficios para unhas poucas. Isto é do que se trata o capitalismo, de gañar, de ter produtividade e de ter beneficios, sen importar os medios para conseguilo. Nesta ocasión, a enfermidade máis escoitada, considerada como viral e perigosa pola súa alta probabilidade de contaxio foi o ébola. Esta enfermidade, aparecía en todos os medios de comunicación onde se explicaba os síntomas, as posibles formas de contaxio, barallábase de onde proviña entre outras cousas, pero en ningún momento explicouse que unha das causas desta era o gran interese económico que había detrás dela.  Neste punto, atopámonos con dúas situacións, o grave do sistema capitalista que é capaz de pasar por encima da dignidade das persoas, xa que é capaz de despoxar a familias das súas propias casas, e non só iso, que senón que están expostas a posibles enfermidades tan graves como pode ser o ébola. E por outro lado, a manipulación dos medios de comunicación e a falta de conciencia crítica dos e das cidadáns do mundo, onde creemos todo o que se di, non contrastamos información e sen ir máis lonxe nin sequera nos preocupamos xeralmente do que esta acontecendo noutros continentes xa que non nos afecta directamente.  Estamos educados e educadas nun grande individualismo, que de seguir así levaranos a extinción da especie humana.



                                                                                         Carla Lohayne 

jueves, 26 de febrero de 2015

Comentario do video de José Luis Sampedro

Como ben di José Luis Sampedro a este ritmo de destrución de recursos naturais é imposible de soster xa que non se lle da tempo de rexenerarse. E de este feito é do que temos que partir xa que ate que non sexamos conscientes e comezemos a mudar de ábitos camiñamos hacia a desaparición do noso planeta e polo tanto do ser humano. Por todo isto é necesario que sexamos o pobo o que comecemos a mudar todo isto, posto que as grandes riquezas este proceso de destrución do planeta non lles interesa debido a que, como di o propio Sampedro, as clases poderosas sufren dunha falta de raciocinio e visión do futuro que lles impide ver a realidade mentres poidan seguir co seu tren de vida gastando a todo trapo.
Xa para finalizar quero facer un chamamento a consciencia e a loitar polo noso planeta e polas persoas que nos rodean que tamén están sufrindo as consecuencias de este sistema aniquilador no que vivimos.

Denís

Comentario "La ruta del ébola empieza en nuestros coches"

Para comezar, gostaría de dicir que coma sempre e sexa o que sexa cando hai un problema no mundo (chamemoslle guerra, epidemia, fame ou un longo etc) sempre aparece o mesmo causante: o capital, e como non as súas armas de destrución masiva: as multinacionais, que a través dos malditos intereses económicos fan e desfán o que se lles poña por diante.
Unha vez máis, como non, voltan aparecer os grandes capitalistas corrompidos polos intereses económicos para destruir países enteiro a base de sumir na máis absoluta pobreza a millóns de persoas de diferentes países de África, continente arruinado grazas a inestimable presenza do capital e coa colaboración das dictauras titere que o capital pon onde lle interesa. 
A realidade que esté artículo nos mostra non é máis que outro de tantos exemplos do que veño dicindo ata o momento, de como por producir máis gasolina e así gañar máis cartos, as multinacionais en irmandade cos gobernos europeos destruen os cultivos tradicionais da poboación abocandoa a máis absoluta pobreza. Todo isto para crear grandes áreas de monocultivo de palma aceiteira, sin importar que estas grandes extensións de monocultivo poidan afectar negativamente a poboación e o territorio. 
Para finalizar solo quero facer unha pequena reflexión e é que como non eliminemos este sistema capitalista depredador das nosas vidas e comezemos a mirar máis polo noso planeta e pola xente que vive o noso redor en menos do que nos imaxinamos este proceso esquilmador non terá volta atras.

Denís

viernes, 20 de febrero de 2015

Comentario do video Man


Este video levanos a facer un percorrido pola evolución do ser humano dunha maneira satírica e a súa vez moi real. 
Pareceme que aínda que o video sexa humorístico recrea a perfección o camiño inexorable que o ser humano leva hacía a total destrución do planeta terra e coa conseguinte desaparición da especie humana e as especies tanto animais como vexetais que, tamén,habítan o noso redor. 
Por momentos as imaxes do video chegan a ser un tanto impactantes pero cando un se para a reflexionar sobre a problemática que nos presenta, un dase conta que isto non é nada comparado coa realidade e que temos que darnos conta dunha vez por todas e comezar a cambiar os nosos hábitos e moitas das nosas prácticas abusivas e voraces porque como sigamos por este camiño cando queiramos darnos conta vai ser demasiado tarde e non vai ter volta atras. 

Denís

Comentario vídeo: MAN

En el presente vídeo se puede observar como desde el principio de los tiempos, el ser humano, poco a poco va haciendo uso de su fuerza y violencia para intentar dominar el planeta. Se trata de la especie más dominante, ya sea por el uso de su inteligencia como por el de los recursos que está a su alcance. Toma todo de la naturaleza, la utiliza y la maltrata. Considera que todo lo que le rodea es suyo y como consecuencia se genera contaminación. Existe,también, una falta de conciencia y un clarísimo individualismo por parte de toda la sociedad actual, que viene representada por el personaje protagonista del vídeo. Cada vez hay más sobreexplotación de los mares, deforestación, sobreconstrucción, contaminación automovilística,etc.
El uso inicial de animales para cubrir necesidades alimentarias se ve sustituido por la industrilización a escala de mundial de estos. Todo es controlado por el ser humano. Se trata de un proceso lento y poco perceptible para el mismo/a. Y, como consecuencia de toda esta actividad dañina para todos y todas van aparecer cada vez más nuevas enfermedades que requerirán de nuevos tratamientos médicos basados en la experimentación con animales. Además, se realizarán estas prácticas con otros fines meramente económicos. Otra dato importante es la excesiva producción de materiales no reciclables que traen consigo grandes cantidades de residuos. Sin embargo, el ser humano se sigue sintiendo, nuevamente, identificado como el dueño de todo. Finalmente, se da por satisfecha/o y decide descansar cuando, de repente, se ve sorprendido por otros seres y es aquí, cuando se percata del daño que le estaba ocasionando a su propio planeta y a sí misma/o. Todo la historia del vídeo sucede con una música cuya velocidad y ritmo van aumentando a medida que aumento la codicia y el impacto del ser humano en el planeta. Para acabar, este corto de animación, nos sugiere una pregunta: ¿Qué te parecería que te lo hicieran a ti?

                                                                                       
                                                                                                                                   Carla Lohayne.

jueves, 19 de febrero de 2015

O noso paso polo planeta


Este video de animación reproduce de maneira moi visual e impactante o camiñar do ser human pola Terra. Dende o principio ata o final  do video, podemos ver a outra cara da evolucion humana, aquela que amosa a parte máis egoista, ambiciosa e dañina da especie. Pareceme un video moi interesante porque nuns poucos minutos consegue resumir moitas das accións que perxudican a outros seres vivos e incluso a nos mesmos/as, e faino acompañado dunha música, uns planos e uns ritmos que fan sentir a gran velocidade á que realmente isto sucede. Ademais, as imxes utilizadas, ao tempo que impresionan a calquera que as vexa, resultan tan familiares que fan reflexionar sobre a propia realidade que nos rodea niste aspecto, xa que levan a sentir o que se ve como algo que coñecemos, algo veraz. Ao final do video tamén ten un toque moi metafórico e divertido, por isto o considero un recurso de moita utilidade en calquera programa ou taller de educación medioambiental.

Raquel

sábado, 14 de febrero de 2015

Días “D”- días do Medio ambiente

Xaneiro: 

26/01 DÍA DA EDUCACIÓN AMBIENTAL
28/01 DÍA MUNDIAL POLA REDUCCIÓN DAS EMISIÓNS DE CO2

Febreiro: 
02/02 DÍA MUNDIAL DE LOS HUMEDALES
06/02 DÍA DEL GUARDABOSQUES
14/02 DÍA DE LA ENERGÍA

Marzo: 
05/03 DÍA MUNDIAL DA EFICIENCIA ENERXÉTICA
14/03 DÍA INTERNACIONAL CONTRA AS REPRESAS E POLOS RÍOS, A AUGA E A VIDA
21/03 DÍA MUNDIAL FORESTAL / DÍA DA PRIMAVERA 
22/03 DÍA MUNDIAL DA AUGA
23/03 DÍA METEREOLÓXICO MUNDIAL
26/03 DÍA DO CLIMA

Abril:
07/04 DÍA MUNDIAL DA SAÚDE
09/04 DÍA DO SANEAMENTO AMBIENTAL
19/04 DÍA MUNDIAL DA BICICLETA
22/04 DÍA INTERNACIONAL DA NAI TERRA
27/04 DÍA DO SOL
29/04 DÍA DO ANIMAL / DÍA DA ÁRBORE
30/04 DÍA INTERNACIONAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O RUIDO

Maio:
04/05 DÍA INTERNACIONAL DO COMBATENTE DE INCENDIOS FORESTAIS
08/05 DÍA MUNDIAL DA MEIA LÚA VERMELLA
09/05 DÍA INTERNACIONAL DAS AVES
13/05 DÍA MUNDIAL DAS AVES MIGRATORIAS
17/05 DÍA MUNDIAL DO RECICLAXE E O RECUPERADOR 
18/05 DÍA INTERNACIONAL DA FASCINACIÓN POLAS PLANTAS
21/05 DÍA EUROPEO DA REDE NATURA 2000
22/05 DÍA MUNDIAL DA BIODIVERSIDADE
24/05 DÍA EUROPEO DOS PARQUES NATURAIS

Xuño:
05/06 DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
08/06 DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS
15/06 DÍA MUNDIAL DO VENTO
17/06 DÍA MUNDIAL DA LOITA CONTRA A DESERTIFICACIÓN E A SEQUÍA
18/06 DÍA MUNDIAL CONTRA A INCINERACIÓN
26/06 DÍA INTERNACIONAL DA PRESERVACIÓN DOS BOSQUES TROPICAIS

Xullo: 
07/07 DÍA DA CONSERVACIÓN DO CHAN
17/07 DÍA DO/A DEFENSOR/A DO MEDIO AMBIENTE

Agosto:
09/08 DÍA INTERNACIONAL DAS POBACIÓNS INDÍXENAS
29/08 DÍA INTERNACIONAL CONTRA OS ENSAIOS NUCLEARES

Septembro:
SEMANA MUNDIAL DA AUGA
11/09 DÍA DO ÁRBORE
15/09 DÍA DA FLOR
16/09 DÍA INTERNACIONAL DA PRESERVACIÓN DA CAPA DE OZONO
16/09 ao 22/09  SEMANA EUROPEA POLA MOVILIDADE SOSTIBLE
22/09 DÍA MUNDIAL SEN AUTOMÓBILES
22/09 DÍA INTERNACIONAL CONTRA O FRACKING

Outubro: 
2º mércores DÍA INTERNACIONAL PARA A REDUCCIÓN DOS DESASTRES NATURAIS
04/10 SEMANA MUNDIAL DO ESPAZO
06/10 DÍA MUNDIAL DO HABITAT
16/10 DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN
17/10 DÍA INTERNACIONAL PARA A ERRADICACIÓN DA POBREZA
18/10 DÍA MUNDIAL DA PROTECCIÓN DA NATUREZA
24/10 DÍA MUNDIAL DA INFORMACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO
31/10 DÍA MUNDIAL DAS CIDADES

Novembro:
06/11 DÍA INTERNACIONAL PARA A PREVENCIÓN DA EXPLOTACIÓN DO MEDIO AMBIENTE NA GUERRA E NOS CONFLITOS ARMADOS
16/11 DÍA DO AIRE PURO
19/11 DÍA MUNDIAL DO RETRETE
22/11 ao 30/11 SEMANA EUROPA DA PREVENCIÓN DE RESIDUOS
30/11 DÍA MUNDIAL SEN COMPRAS

Decembro:
05/12 DÍA MUNDIAL DOS CHANS
05/12 DÍA DO VOLUNTARIADO AMBIENTAL 
10/12 DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS HUMANS
11/12 DÍA INTERNACIONAL DAS MONTAÑAS

domingo, 8 de febrero de 2015



Esta xenial viñeta de Luís Davila representa a perfeción os efectos da tan coñecida megaminería, coa que se destrue todo canto hai o redor, levando por diante ecosistemas enteiros. Este tipo de explotacións o que realmente fan é seguir enriquecendo as grandes empresas coa complicidade do goberno-monicreque de turno, mentres se destrue de maneira irreversible o medio ambiente do lugar.

Denís Pedrera Ucha

Museo Arqueolóxico Século XXI

Nesta viñeta pódese observar como o "desenvolvemente e o progreso da humanidade" é ententido como a presencia de fábricas con toda a súa contaminación, propia do capitalismo onde vivimos. Todo isto traerá consigo graves consecuencias como pode ser a desforestación excesiva na cal poder ver un árbore será algo tan emblemático como para estar expostos nun museo, e polo tanto, moi pouco común para as xeracións futuras. Tamén podemos observar na cor da imaxe, onde aparece o árbore  en cor verde destacando fronte ao grisáceo do que o rodea transmitindo así, algo de melancolía. Ademáis, tamén se pode supoñer que o feito de que estén presentes só dous personaxes nesta viñeta podenos decir a pouca importancia que ten a cultura en esa época.


                                                                                                                            Carla Lohayne Mendes