jueves, 26 de febrero de 2015

Comentario do video de José Luis Sampedro

Como ben di José Luis Sampedro a este ritmo de destrución de recursos naturais é imposible de soster xa que non se lle da tempo de rexenerarse. E de este feito é do que temos que partir xa que ate que non sexamos conscientes e comezemos a mudar de ábitos camiñamos hacia a desaparición do noso planeta e polo tanto do ser humano. Por todo isto é necesario que sexamos o pobo o que comecemos a mudar todo isto, posto que as grandes riquezas este proceso de destrución do planeta non lles interesa debido a que, como di o propio Sampedro, as clases poderosas sufren dunha falta de raciocinio e visión do futuro que lles impide ver a realidade mentres poidan seguir co seu tren de vida gastando a todo trapo.
Xa para finalizar quero facer un chamamento a consciencia e a loitar polo noso planeta e polas persoas que nos rodean que tamén están sufrindo as consecuencias de este sistema aniquilador no que vivimos.

Denís

No hay comentarios:

Publicar un comentario