Outros enlaces

viernes, 27 de febrero de 2015

Comentario: "La ruta del ébola empieza en nuestros coches"



Como podemos observar na noticia, unha vez máis as persoas actúan en contra da súa propia supervivencia coa finalidade de obter beneficios para unhas poucas. Isto é do que se trata o capitalismo, de gañar, de ter produtividade e de ter beneficios, sen importar os medios para conseguilo. Nesta ocasión, a enfermidade máis escoitada, considerada como viral e perigosa pola súa alta probabilidade de contaxio foi o ébola. Esta enfermidade, aparecía en todos os medios de comunicación onde se explicaba os síntomas, as posibles formas de contaxio, barallábase de onde proviña entre outras cousas, pero en ningún momento explicouse que unha das causas desta era o gran interese económico que había detrás dela.  Neste punto, atopámonos con dúas situacións, o grave do sistema capitalista que é capaz de pasar por encima da dignidade das persoas, xa que é capaz de despoxar a familias das súas propias casas, e non só iso, que senón que están expostas a posibles enfermidades tan graves como pode ser o ébola. E por outro lado, a manipulación dos medios de comunicación e a falta de conciencia crítica dos e das cidadáns do mundo, onde creemos todo o que se di, non contrastamos información e sen ir máis lonxe nin sequera nos preocupamos xeralmente do que esta acontecendo noutros continentes xa que non nos afecta directamente.  Estamos educados e educadas nun grande individualismo, que de seguir así levaranos a extinción da especie humana.



                                                                                         Carla Lohayne 

No hay comentarios:

Publicar un comentario